Saltar navegación

Verbos non reflexivos

Cantar popular

Eu casei e viudei,

todo foi no mes de maio;

que fortuna foi a miña

ter dúas festas no ano!

Observa

Nos verbos reflexivos, a acción recae sobre que a exerce: Pilleime un dedo coa porta.

Hai moitos verbos que en galego non son reflexivos. Estes son algúns dos que non se deben empregar con pronome reflexivo: abrandar, adormecer, afrouxar, almorzar, apodrecer, apurar, atrasar, baixar, caer, calar, cargar, casar, cicatrizar, coller, comer, curar, deixar, demorar, desfondar, desinchar, dislocar, enfermar, escapar, escordar, esperar, espertar, estreitar, fracturar, inchar, incrementar, marchar, merendar, morrer, parar, quedar, rachar, rebentar, recordar, rir, romper, sentar, sorrir, terminar, tropezar, xogar...

Son, polo tanto, incorrectas expresións deste tipo:

*escordeime un pé. Deberá ser: escordei un pé.

Autoavaliación

Nas seguintes series hai unha incorrecta, localízaa:

a) Peiteouse

b) Peiteou o cabelo

c) Peiteouse o cabelo

A incorrecta é a

a) Lavouse

b) Lavouse as mans con xabrón de aloe vera

c) Lavou as mans con xabrón de aloe vera.

A incorrecta é a

a) Caín da bicicleta

b) Caínme da bicicleta

c) Caín por burro.

A incorrecta é a