Saltar navegación

Verbos con alternancia vocálica no radical

Nalgúns verbos regulares prodúcese, en determinados tempos e persoas, unha alternancia na vogal do radical.

Verbos en -ar que teñen como VR -e- ou -o-

1- Os que alternan -e- aberto, -o- aberto nas formas rizotónicas e pechados nas arrizotónicas: acordar, alegrar, almorzar, amolar, berrar, chocar, colgar, espertar, entregar, fregar, levar, medrar, pecar, pegar, probar, quebrar, regar, serrar, tostar, xogar...

EX: AlEgro-alEgras-alEgra-alegramos-alegrades-alEgran

RAÍZ

VOGAL TEMÁT.

DESINENCIAS

Formas rizotónicas

AlmOrz

-

-o

Formas rizotónicas

AlmOrz

-a-

-s

Formas rizotónicas

AlmOrz

-a-

-O

Formas arrizotónicas

Almorz

-a-

-mos

Formas arrizotónicas

Almorz

-a-

-des

Formas rizotónicas

AlmOrz

-a-

-n

2. Os que teñen timbre inalterado en todo o paradigma:

-pechado (arrolar, botar, cebar, chegar, contar, pesar, podar, torrar...)

-aberto (aboiar, enxertar, mermar, obrar, quentar, votar...).

Verbos en -er:

Alternacia -e- pechado, -e- aberto no presente de indicativo, por exemplo: beber: bebo, bEbes, bEbe, bebemos, bebedes, bEben.

Alternancia -o- pechado, -o- aberto no presente de indicativo, por exemplo: comer: como, cOmes, cOme, comemos, comedes, cOmen.

Excepcións: Crer, ler e deber (sempre pechado).

Quecer e esquecer, sempre aberto.

Querer e poder levan timbre aberto nas rizotónicas e pechado nas arrizotónicas.

Verbos en -ir

Alternancia -i, -e no presente de indicativo; por exemplo: advertir: advirto, advirtes, advirte, advertimos, advertides... Tamén nos verbos adherir, agredir, divertir, espelir, espir, reflectir...

(Triple alternancia) Alternancia -e pechado, -e aberto nas p2, p3 e p6 do pres. de ind., -i na p1 do presente de indicativo e no imperativo; por exemplo: servir: sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven. Tamén nos verbos: ferir, mentir, seguir,sentir...

Alternancia -u, -o aberto no presente de indicativo; por exemplo: durmir: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen. Tamén nos verbos acudir, bulir, cubrir, engulir, lucir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, tusir, ulir...

 

Durmo

durm

-O-

-O-

-o

Dormes

dOrm

-e-

-O-

-s

Dorme

dOrm

-e-

-O-

-

Durmimos

durm

-i-

-O-

-mos

Durmides

durm

-i-

-O-

-des

Dormen

dOrm

-e-

-O-

-n