Saltar navegación

O infinitivo conxugado

1- MNP: o infinitivo conxugado fórmase engadindo os seguintes morfemas ao infinitivo:

P1: -

P2: -es

P3: -

P4: -mos

P5: -des

P6: -en

comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren

 

2- Úsase nos seguintes casos:

 

2-1- Cando o infinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal: (ti) Dille que o limpe antes de volver(mos).

2-2: Cando o suxeito do infinitivo vai expreso, pero a distancia do verbo principal: O rapaz saudou aos turistas ao pasaren xunto del.

2-3- Cando o infinitivo vai introducido por preposición: Para falares con el, tes que pedir cita.

3- Non se emprega:

1- Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal: Débesllo dicir agora mesmo

2- Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar...porque neste caso o suxeito éo de todo o complexo verbal: Queremos mercar un coche deportivo.

Ollo!

Non se debe confundir co futuro de subxuntivo, co que coincide nos verbos regulares e difire nos irregulares.

 

Inf. Conx: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren.

Fut. Subx.: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren.

Inf. Conx: querer, quereres, querer, querermos, quererdes, quereren.

Fut. Subx. quixer, quixeres, quixer, quixermos, quixerdes, quixeren.

Actividade de encher espazos

Conxuga o infinitivo de "premer".

P1

p2

p3

p4

p5

p6