Saltar navegación

Actividade global

Exercicio

Completa este esquema deducindo dos exemplos a perífrase que se emprega:

a- Acción futura: Imos botar unha cántiga: ir+infinitivo.

Heiche de traer un libro: + +

O amigo está a chegar: + +

b- Acción durativa: Estou a agardar por ela:  + +

Andan a sachar nas patacas: + +

Estaba agardando polo tren: +

c- Acción obrigatoria: Tes que estudar: + +

Terás de ser ti quen o faga: + +

Hai que chegar cedo: + +

d- Acción hipotética: non debe saber moito: +

Debe de ser moi tarde: + +

e- Acción irreal no pasado: Houbo de morrer:  + +

f- Comezo da acción: Botouse a chorar: + +

Púxose a traballar: + +

Deu en aborrecela: + +

g- Acción terminativa: Chegou a sabelo: + +

Viñan a coincidir no resultado: + +

Acabou por comprendelo: + +

h- Acción rematada: Levo construídas moitas casas: +

Téñoo atopado moitas veces: +

Non dou acabado o exercicio: +

i- Estado: O queixo está derramado: +

k- Voz pasiva: Foi conducido perante o xuíz: +