Saltar navegación

Relativos

Os relativos

Os relativos son pronomes que fan referencia a un elemento anterior do discurso –que pode ou non estar explícito- chamado antecedente

Actúan como nexos ou conectores na oración subordinada de relativo e desempeñan nela as funcións sintácticas propias do substantivo: suxeito, CD, CI, etc.

Formas invariables:

 

QUE:

Referido a persoas ou cousas. Pode levar artigo, co que concerta en xº e nº.

Introduce oracións de relativo explicativas ou especificativas.

QUEN:

Referido sempre a persoas. Forma parte de varias expresións e frases feitas:

      Ser quen de; ser quen a: ser capaz de.

      Facer coma quen que: finxir, aparentar.

      De a quen quen; de coma quen: de mentira.

Outras formas:

Cal: forma variábel que vai precedida de artigo (este concorda en xº e nº co antecedente).

Canto: úsase sobre todo como correlato de todo/tanto.

Cando, onde, como: son relativos adverbiais. Na oración subordinada desempeñan funcións de CC.

Cuxo: relativo posesivo. Flexiona en xº e nº. Aínda non tendo uso no galego popular, foi recuperado para a lingua culta moderna.