Saltar navegación

Interrogativos e exclamativos

Os interrogativos

As formas interrogativas son as mesmas cás dos relativos e constitúen o eixe das oracións interrogativas.

Os signos de admiración e interrogación só son obrigatorios ao final do enunciado.

Formas e usos:

 

Cal   

Úsase sobre todo como interrogativo.

Como,

Canto

Interrogativos ou exclamativos. O seu valor está próximo ao adverbial.

Cando,

onde

Úsanse só como interrogativos. Valor próximo ao dos adverbios.

U

Interrogativo. Equivale a onde. Debe ir seguido do pronome persoal ou da segunda forma do artigo:¿U-la chave? / A chave, ¿ula?

Tipos de interrogativas

INTERROGATIVAS DIRECTAS:

As interrogativas parciais preguntan por unha circunstancia (lugar, tempo, modo, causa). Normalmente a pregunta recae na primeira palabra (interrogación relativa): ¿cando queres vir?

As interrogativas absolutas esperan como resposta si ou non.

INTERROGATIVAS INDIRECTAS:

A pregunta pode facerse tamén en estilo indirecto. As preguntas xerais pasan a depender do verbo por medio de “se”: “Quero saber se ves”.

Nas preguntas parciais, o propio adverbio ou o pronome interrogativo serve de elemento de relación: Pregunto cómo foi.

Partículas que reforzan o interrogativo:

A copulativa “e”, ten carácter enfático, reclamando a atención. “E traes o que che pedín?

¿E logo?, ao principio da oración ten o mesmo valor cá copulativa “e”. “¿E logo? Non está boa a sopa?

Ao final da oración denota sorpresa ou admiración.

Non fuches adestrar co equipo? ¿e logo?

El é un pronome pleonástico, de reforzo. “El, pódenme dicir por onde se vai á estación de tren?

¿Non si? Cando se coloca ó final dunha oración é porque se espera unha resposta afirmativa. “Cando veñas xa traes ti o pan, non si?

Outras formas interrogativas:

A forma verdade existe no sistema lingüístico galego como substantivo, pero non é normal que apareza ó final dunha interrogación para marcar que estamos certos do que nos van responder. Para eses casos o galego ten outros recursos:

¿Pasáchelo ben, non si?

Como dicía Sarmiento, a aplicación da pena de morte resulta “bárbara, inútil e contraproducente”. ¿Non é, María?

¿Va que non sabes canto me custou?

¿Non fixeches os deberes? –Fixen tal

Ai Ánxel, ¿seica estás a seca-las castañas? -Estou.