Saltar navegación

A interxección

As interxeccións

Son unha clase especial de palabras na súa forma (máis breves), no seu significado (expresión de emocións ou apelación ao oínte), son un enunciado completo en si mesmo e pronúncianse cunha entoación especial.

Interxeccións máis frecuentes

Ah: indica que un cae na conta de algo (Ah, xa, xa entendo).

Ai: dor física, desalento, etc (Ai, que me mancas!).

Bah /Boh: incredulidade, disgusto, desprezo (Bah, agora si que xa non entendo nada! / Boh, non serve para nada).

Ca: negación e incredulidade (Ca, nin falar).

Canté: aprobación irónica, desexo inasequible (Hame tocar a lotería e hei mercar un Ferrari/ Canté!).

Eh! / Ei!: responder a unha chamada ou chamar a atención de alguén (Eh, ti, espabila!). Sinal de alegría (Ei carballeira!).

Fou / Fo: noxo, mal cheiro (¡Fou, fou! ¡que mal cheiro!).

Hala: estimular, animar (Hala, que xa queda pouco).

Ho (home), che, ne (neno), aieu, oíu (cortesía): apelación ó oínte: (Non, ho, non o sabía).

Oi: sorpresa (Oi!, que agradable sorpresa!).

Vaites: admiración ou sorpresa (Vaites, vaites, quen mo ía dicir!).