Saltar navegación

Exercicios

Exercicio 1

A preposición "a" e o artigo feminino plural coinciden na forma. Tendo isto en conta, é correcta a seguinte oración?

Fixen a cama as dúas da tarde.

Verdadeiro Falso

Exercicio 2

Localiza posibles incorreccións:

 

A casa de Antón imítase a miña.

Agás suspenda o exame irei a viaxe.

Despois fun cara a casa do meu avó.

Choquei ca bicicleta de meu curmán.

Exercicio 3

Substitúe o subliñado por unha preposición ou locución prepositiva:
Pedro tiña o balón debaixo do escano.

Foi contra as oito da noite cando deu en nevar.

Falou a favor da conservación das baleas.

Pediulle axuda, e en vez diso, ¿que lle deu?

Imos á aldea por mor de retellar a casa.

Aceptaron todas as propostas excepto a miña.

Exercicio 4

A preposición "so" ten o valor de posición inferior, debaixo de. Observa a composición das seguintes palabras e indica en cal delas non está presente o significado da preposición “so”:

Soterrar, asolagar, so pretexto de, soamente, someter, solago:

  

Exercicio 5

Compón unha frase con cada unha das preposicións simples (a, agás, ante, até, baixo, cabo, canda, cara a, con, contra, de, deica, desde, en, entre, malia, para, perante, por, segundo, sen, so, sobre, tras).

Exercicio 6

As seguintes formas poden funcionar como preposicións; sitúaas onde lles corresponda: canda, conforme, consonte, durante, excepto, fora, mediante, menos, salvo e tirante.

: menos, non sendo, agás, quitado.

: de acordo con, segundo, consonte.

:expresa o tempo en que algo dura ou transcorre.

: establece unha relación de compañía ou simultaneidade na acción ou no tempo.

: de acordo con; conforme, consoante, segundo.

: agás, excepto, salvo.

: sacado, quitado.

: excluíndo a persoa ou cousa que se expresa; quitado, sacado, salvo, senón.

: usando o medio indicado polo termo que o acompaña; a través de, por medio de...

: xunto de, a carón de...

: menos, excepto, agás.

  

Exercicio 7

Localiza as preposicións do texto:

Cando había eleccións o Antón, pai do Manueliño, ía sempre a votar. Antes das eleccións no pobo falábase e discutíase. Antón era pouco amigo de discutir e votaba sempre por aquel que o señor Manuel de Hortas lle dicía. O Antón pensaba para si que, votase a quen votase, a súa sorte e a dos seus non ía cambiar en nada. Facéndolle caso ó señor Manuel algo podía conseguir. Se algunha vez precisaba algunha cousa,ou se vía nalgún apreto, o señor Manuel aínda lle podería valer. E esto é o que podía gañar. Nos derradeiros tempos semellaba que todo se complicara. Todo ía de mal en peor. Non había quen entendera nada. Na casa de Hortas, despois de cear, o señor Manuel sentaba detrás do lume, no escano de castiñeiro que había perto a lareira, sacaba con solemnidade os seus anteollos de aramio e lía o xornal en alta voz para toda a familia. O xornal só traía cousas desagradables: mortes, folgas, tiroteos nas rúas das cidades, discursos...O xornal que lía o señor Manuel, que era ó que estaban suscritos os de Hortas e que recibían tódolos días, era El Ideal Gallego, da Coruña. Ó Manueliño quedábanlle na lembranza algúns nomes daquelas xentes das que falaba o papel: Azaña, a Pasionaria, Gil Robles, Casares Quiroga, Prieto, Lerroux, Portela Valladares, Calvo Sotelo... Castelao. Non sabía quen eran tales xentes aínda que por Castelao, sen que soubese explicalo tiña unha fondísima simpatía. O único que sabía era que todos eles eran políticos. Os de Hortas poñían polas nubes a Gil Robles e a Calvo Sotelo. E falaban pestes de Azaña, de Prieto, da Pasionaria. Azaña e a Pasionaria, polo visto, non ían á misa e non querían saber nada cos cregos. Ós de Hortas isto semelláballes unha monstruosidade. Manuel María: O xornaleiro e sete testimuñas máis.