Saltar navegación

Exercicios

Exercicio 1

Completa coas formas comparativas que consideres axeitadas:

Sempre dixo que era tan listo nós.

Onte tivestes máis sorte ela.

Sodes as peores cociñeiras coñezo.

O meu ordenador ten menos anos seu.

Afortunadamente teño máis necesito.



  

Exercicio 2

Identifica as construcións comparativas das seguintes frases (superioridade, igualdade, inferioridade):

“sen máis órganos que os estritamente indispensables”.

“tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos”.

Sería posible que aparecesen en vez de "que" e "coma" outros nexos? Xustifica a resposta.

Exercicio 1

Corrixe as formas comparativas incorrectas, se hai dúas posibilidades indícaas:

Nunca disfrutara co teatro coma agora.

Cos libros que liches tes que saber máis que eles.

Gústavos máis xogar ca estudar.

Odio a violencia tanto como ti.

Quédache máis traballo que ó pau da bandeira.

Recibín tanto afecto como vós, pero menos cartos ca esperaba.

Non teño tan bos negocios coma vós pensades.

Os teus amigos son tan listos como a miña tartaruga.

Que os pés che dean problemas, tanto coma a teu pai é normal.

Os mellores tempos desa carreira son peores cos da nosa.

O médico di que fuma máis ca debería.

Es menos divertido ca un profesor.

Cómpre traballar máis que os anos anteriores.

Esta casa é tan fermosa como aquela.

A miña gata Michi é máis vella que Lua.

Ten tanta razón coma calquera de vós.

Exercicio 3

Analiza as estruturas comparativas que hai no seguinte texto. ¿Pódense empregar outros nexos?

(A carta inesperada)

Eu daquela aínda non te coñecía, era só unha adoles­cente, pero o teu xeito engaiolante de contar as cousas, fíxome sentilo, logo, coma se tamén fosen vivencias miñas. E, con todo, hoxe paréceme unha parvada que me deixase engaiolar por aquel ambiente intelectual que se respiraba nas tertulias do Derby (e non había moitas mulleres que se atrevesen a entrar alí). Claro que o que a min máis me admiraba era ver como todos aqueles pintores, escritores, xornalistas, arquitectos, artis­tas... que acudían con asiduidade calaban, asentindo cun impresionante silencio, cada vez que ti falabas. O escultor Román, o fotógrafo Ksado, Valentín Paz Andrade... ¿Cres que non lembro os seus olios de admiración? Eras un líder Luís, un auténtico líder. E converterse nun líder coa pala­bra é como levar veleno na boca. Claro que iso só o aprendín co tempo. E porque o aprendín, ou mo ensinaron, conseguín estar onde agora estou, Luís, tan lonxe das túas utopías. E tan feliz. Tan lonxe de ti, daquela falacia que encarnabas e que, sinceramente, aínda me doe. Agora que madurei doume conta do perigosa que pode chegar a ser unha persoa coma ti. A túa boca era sempre un violento volcán, avivecido en nome das ideas.