Saltar navegación

Exercicios

Exercicio 1

Indica de que tipo son as conxuncións resaltadas:

O can movía o rabo e o gato lambía a pata

¿Queres café ou té?

Estou canso, pero irei.

Farei un flan aínda que ninguén o queira.

Encabuxouse cando o soubo non demasiado.

Nin veu nin falla que fai.



  

Reforzo exercicio 1

Constrúe as seguintes oracións:

Oración ou frase composta por coordinación copulativa, disxuntiva, distributiva e adversativa (unha de cada tipo).

Oración subordinada substantiva, adxectiva, adverbial (unha de cada tipo).

Exercicio 2

Compón unha oración con cada unha das seguintes conxuncións:

e mais, con todo, visto que, de xeito que,  ora ... ora, mesmo que, non ben, conforme, coma, segundo, se.

Exercicio 3

Utiliza as oracións creadas no exercicio anterior para clasificalas e indicar o tipo de elementos que enlazan os nexos respectivos de xeito semellante ao exemplo que propoñemos:

Se rematas cedo, imos ao cine: oración subordinada condicional: (Se A logo B)

Nexo (Se) + A=prótase (rematas cedo) + B=apódose (imos ao cine).

 

Exercicio 4

Indica se o “que” das seguintes oracións funciona de nexo (n) ou de suxeito (s):

1-   Luís Suancos, que aspirou varias veces (...):

2-   (...) Trátase de que vostede (...):

3-   (...) imaxinemos que hai outras versións (...):

  

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Indica se é correcta ou non a función das conxuncións das seguintes frases:
Eu fixen as camas e mais baixei as bolsas do lixo. (Nexo coordinante= adición)
Verdadeiro Falso
En principio non vas de excursión, ora ben, podo cambiar de opinión se sacas boas notas. (Nexo coordinante adversativo)
Verdadeiro Falso
O exame non me saiu moi ben, porén, penso que aprobo. (Nexo subordinante adversativo)
Verdadeiro Falso
Quer faga un ingreso quer prefira pagar en efectivo, deberá notificalo por escrito. (Nexo subordinante distributivo)
Verdadeiro Falso
Cando chegastes saíra fóra por mor de recoller a roupa que tiña tendida. (Nexo subordinante modal).
Verdadeiro Falso
Malia que veñas con nós á praia, podes saír igual cos teus amigos. (Nexo subordinante adversativa)
Verdadeiro Falso
Bardante que chova, o sábado iremos á praia. (Nexo subordinante adversativo)
Verdadeiro Falso
Consonte di a Lei antitabaco, non se pode fumar nos espazos públicos. (Nexo subordinante modal)
Verdadeiro Falso
Se ti vés comigo, vou ao cine. (Nexo subordinante condicional)
Verdadeiro Falso
Namentres vós viades a película nosoutros fomos dar un paseo pola praia de Baldaio. (Nexo subordinante de tempo)
Verdadeiro Falso

Escolla múltiple

En cal das dúas frases está correctamente empregada a conxunción resaltada?

Con que non digas a verdade, has estar castigado até que aprendas.

Encontrei as tesouras con que cortaches os fíos.

As dúas son correctas.

Estou ben, sacado que me doe a cabeza.

Deille sacado que iamos ir de excursión.
As dúas son correctas.

Quer ir ó cine, quer ir ó teatro, pero non pode ir ós dous sitios.

Quer chova quer faga sol, vas ter que ir igual.

As dúas son correctas.

Eu fun, malia ti non quixeches. conxunción concesiva.

Teño que axudala, malia que a ti non che guste.
As dúas son correctas.

D. Xohán, deica a mañá, deita onzas e onzas na mesa de xogo.

Fomos camiñando dende o Toural deica a tafona de don Ramón.
As dúas son correctas.