Indefinido
Os indefinidos
Son palabras que
indican indeterminación ou imprecisión referida a unha cantidade ou
á identidade de algo ou alguén.
Formalmente poden ser
variábeis ou invariábeis.
Sintacticamente
funcionan como: actualizadores
Pronomes indefinidos
Algúns indefinidos como algo, nada, alguén, ninguén ou quenquera só poden ser pronomes.
Observa
Pouco, moito, algo,
nada, abondo, bastante, demasiado, máis, menos, tanto, canto.
Poden ser indefinidos
(acompañan ou substitúen a un nome, do que indican unha cantidade imprecisa: moita
auga) ou adverbios de cantidade (cando, indicando cantidade, acompañan a un
verbo, a un adxectivo ou a outro adverbio chove moito).
Desde o punto de vista semántico, os indefinidos poden clasificarse en:
Cuantificadores:
Designan un número ou cantidade indeterminada: algún, ningún, algo, nada, alguén, ninguén, bastante, moito, pouco, abondo, demasiado, varios…
Identificadores:
Fan referencia á semellanza ou diferenza de identidade: ambos, cada,
calquera, certo, mesmo, outro, propio, tal...
Algunhas formas variábeis:
Abondo: variábel en xénero
e número, indica unha cantidade ou un número suficiente para cubrir
necesidades: Non tiña puntos abondos para aprobar o exame.
Algún/ ningún: formas
correlativas, variábeis en xénero e número. Nas oracións de modalidade negativa
só pode aparecer ningún: Non nos fixeron mal ningún.
Ambos: forma variábel en
xénero, pode ser núcleo ou adxacente nunha frase nominal. Cando funciona como adxacente
debe ir seguida de artigo: Ambos os nenos.
Outro: Presenta flexión de xénero e número. Contrae coas
preposicións de, en (doutro, noutras) e coas formas masculinas e
femininas do demostrativo (estoutras, aqueloutro).
Todo: Forma variábel en xénero e número que expresa a
totalidade. Como adxacente adoita ir
seguido do artigo correspondente (todos os días).Todo/toda, sen
artigo, diante de substantivo ten valor distributivo: Todo ser humano ten
dereito á educación. Todo tamén se emprega adoito formando parte de !ocucións como de
todo (Está feito de todo), e todo (¡A casa ten piscina e todo!), así e todo,
con todo (Así e todo non o agardaba).
Invariábeis:
Cadaquén: Só funciona como pronome e significa «cada persoa»,
«cada un»: Cadaquén que se sirva.
Calquera: Pode referirse a persoas ou cousas e sinala un membro
dentro dun conxunto de xeito indeterminado ou inespecífico: Puídocho dicir
calquera.
Ninguén: Forma pronominal referida a persoas. Funciona como
correlato de alguén. Ninguén emprégase en expresións como ser un
ninguén, que equivale a «ser unha persoa sen importancia ou sen
personalidade» e oponse a ser alguén, que significa «ser unha persoa
importante».
Quenquera: forma pronominal co valor de «calquera persoa». Úsase só no nivel culto da
lingua e seguido dunha subordinada introducida polo relativo que: Quenquera
que fose, que o diga.
Observa:
A expresión ambos os
dous é redundante.
A forma *calqueira non existe. Tampouco *quenqueira.