Saltar navegación

Actividades de repaso

Exercicio 1 (resolto)

Identifica as palabras subliñadas e explica o que consideres pertinente:

O TIZÓN DE NADAL

un cañoto grande dunha árbore, que nas montañas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a metade, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arredar o pedrazo e os raios. Nalgúns lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cal si que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén ten relación coa presenza das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume.

O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de España. En Cataluña vén ser o que chaman o tió, no que baten os nenos da casa para que lles bote doces, que os pais lle meten dentro.

A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos máis vellos."
Otero Pedrayo (A actualización normativa do texto é nosa).

Exercicio 2

Son correctas as seguintes frases?

Deixeino só do escritorio.

Si

Non


Deica cho escondeu?

Si

Non


Estou fronte do instituto.

Si

Non


Vou perante na lista.

Si

Non