Saltar navegación

Función da conxunción

Función

As conxuncións funcionan de nexo nas oracións compostas. Estes nexos hannos indicar se as oracións están ao mesmo nivel (entón serán coordinadas) ou se a segunda depende da primeira (subordinadas).

As conxuncións nas oracións compostas por coordinación

Copulativas (as partes –cláusulas- son independentes; súmanse unha á outra para formar a oración composta).

e, mais, e mais, nin, a mais.

(Ti mais eu imos aprobar o exame)

(Nexo=adición)

Disxuntivas (As cláusulas exclúense mutuamente)

Ou, quer...quer, xa...xa (Podemos ir ao cine ou de compras)

(Nexo=exclusión)

Distributivas (o nexo aparece como marca sintáctica ao principio de cada cláusula)

ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa.

(Podemos mercar ben o teu vídeo xogo, ben o xantar de mañá)

(Nexo=exclusión)

Adversativas (unha modifica ou restrinxe a outra)

pero, mais. (Son pobre pero honrado)

(Nexo= modificación, restrición)

Os nexos poden unir varias cláusulas, frases ou varios elementos no interior da frase, sempre no mesmo nivel e coa mesma función.

As conxuncións nas oracións subordinadas

Se o nexo indica que a segunda depende do verbo da principal, hai que determinar que función cumpre a segunda respecto á principal (se se comporta como un substantivo, adxectivo ou adverbio).

Subordinadas substantivas

(función de CD- directo, indirecto, interrogativo indirecto-, CI, SUX, SUP, PRED, ATR. Complemento do nome, Complemento do adxectivo)

Nexos: que, se

(Cóntame que fixeches en clase de danza)

Subordinadas adxectivas

(Adxectivas ou explicativas)

Nexo relativo: que, cal...

(Acaba de chegar o rapaz que rompeu o xeonllo)

Subordinadas adverbiais

Funcion de CC: tempo, lugar, modo, cantidade (Cando chamaches ti estaba de camiño)

 

Non funcionan de CC:

comparativa,causal, condicional, consecutiva, concesiva, final

As subordinadas adverbiais poden ser:

     Subordinadas adverbiais propias

Modo (como, segundo, consonte...). Lugar (onde)

Tempo (cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres...).Cantidade (canto)

    Subordinadas adverbiais impropias

Causais (A porque B/ A=efecto, B=causa). Nexos: porque, dado que, posto que, xa que ... Non perdas o balón porque non che merco máis.

Concesivas (A aínda que B). Nexos: aínda que, a pesar de que ... B opón dificultade pero non impide a realización de A: Non quero o teu diñeiro así morra de fame.

Condicionais (Se A logo B). Nexos: Se, con tal que ...

A=prótase, B=apódose. Se rematas cedo, imos ao cine.

Consecutivas (A logo B). Nexos: conque, de maneira que, de xeito que... A=causa, B=efecto: Ti non estabas alí, de modo que non fales.

Finais (para que, a fin de que ...)

Adversativas (A pero B), A=tese, B=antítese. Nexos: non obstante, con todo, así a todo, ora ben, só que, sacado que, senón, agás que, porén, fóra de que, bardantes que…

    Subordinadas adverbiais comparativas

Igualdade, Superioridade, Inferioridade.

(ca, que, coma, como, máis que, menos…)