Saltar navegación

Exercicios

Exercicio 1

Escribe con letra os seguintes numerais cardinais e ordinais:

1940 toneladas, 28ª posición, 519 euros, 617 pezas, 97ª posición, 46 días.

Exercicio 2

Escribe en número os elementos resaltados:

Puxen un cento ( ) de repolos e dous centos ( ) de leituga.

Preciso unha ducia ( ) de ovos para facer as filloas e mais as orellas.

Heite arresponsar e facer a novena ( ) do Cristo para que aprobes o exame.

Fai xa un lustro ( )que non vou á Virxe da Barca.

  

Exercicio 3

Indica se as seguintes palabras son numerais colectivos (n) ou substantivos con valor colectivo (s).

Cento ( ), década ( ), decena ( ), ducia ( ), dúo ( ), lustro ( ), milleiro ( ), novena ( ), par ( ), parella ( ), quincena ( ), semana ( ).