Saltar navegación

Exercicios globais

Exercicio 1

De que tipo son os seguintes adverbios?

acolá ( )

disque ( )

preto ( )

doado ( )

xusto ( )

xalundes ( )

seica ( )

tampouco ( )

  

Exercicio 2

Clasifica os adverbios do seguinte texto, tendo en conta o seu significado.

Subimos por un sitio secreto que xa sabiamos de ir ás amoras de enriba do valo. O que nunca fixeramos fora baixar dentro. Houbemos de andar por riba un bo anaco até atopar unhas pedras altas. Baixamos a modo. Primeiro saltei eu. Despois Branca. Ao bater cos pés nunha poza enchín os pantalóns de lama e enchoupei as botas de auga castaña. De súpeto, comezou a chover. Os tambores soaban máis forte. Pensei que se enfadaran por ter que tocar á choiva.

-Tan, tan, tan, tanta´n, tan, tan... ¿Oes, David?

- Si...-parei de respirar para escoitar mellor.

Fina Casalderrey, O misterio do cemiterio vello.

Adverbio de tempo: , ,

Adverbio de lugar: , ,

Adverbio de modo: , ,

Adverbio de cantidade:

Adverbio de afirmación:



  

Reforzo do exercicio 3

Substitúe mentalmente o subliñado por un adverbio ou locución adverbial equivalente. Despois contrasta as túas respostas coas que che ofrecemos.

O teu curmán está tolo de a feito.

Nena, come a eito, non escollas a comida do prato.

Vémonos frecuentemente.

A esa cea hai que ir vestido como é debido.

Abriu a modiño a porta para que non renxese.

Vai á misa diariamente.

Non te acompaño. Levo présa e a túa casa quédame en sentido contrario.

O rapaz vive cerca da túa casa.

Alá abaixo no val brillaban as luces das casas.

Pousou o libro encima da mesa.

Sempre está de acordo con todo, velaí a razón do seu éxito. 

Exercicio 4

Constrúe mentalmente ou por escrito unha frase con cada un dos seguintes adverbios:

Cedo, ao chou, u, ningures, xalundes, arestora, de contado, a eito, engorde, paseniño, de abondo, xusto, a feito, ás toas, a reo, de seguida.

Exercicio 5

Clasifica os adverbios do texto, tendo en conta o seu significado.

Por moi eficaz protección que desde as rexións do Poder se chegue a outorgarnos (esperanza que hoxe por hoxe é ilusoria), nunca abondará para facer avanzar con firmeza estas atrasadas provincias polo carril do progreso, mentres elas non aprendan a estimarse no que valen, gabadas ós seus propios ollos polo sentimento da súa dignidade, e mentres un mesmo espírito de fraternidade non as una con fortes lazos, alentándose e auxiliándose reciprocamente para o ben. E ¿é se cadra indiferente para isto o cultivo e a estima do idioma provincial? ¿Pode cualificarse de afán estéril e mesmo ridículo o patriótico empeño de gabar a lingua, prestándolle os encantos da harmonía métrica, e esforzándose por erguer o edificio da nosa literatura? Non falta quen así o crea; non falta quen, co riso nos beizos, alcume de extravagante miudenza os ensaios feitos nun dialecto que, na súa opinión, nada se perdería de desaparecer absorbido polo sonoro idioma de Cervantes e Granada.

Así e todo, ós pobos que non queiran avergoñarse de si mesmos perante os demais; ós que desexen facer valer a súa honra e dignidade de raza ou de nación, cómprelles que comecen pola estima e glorificación da súa linguaxe. O idioma dunha nación é, de así podelo dicir, a súa alma, o seu carácter encarnado e exteriorizado nos sons: é o espello onde máis viva e fielmente se reflicten a súa índole e tendencias, os seus gustos e costumes. Desprezar o seu idioma é desprezarse a si mesmo.

X. A. Saco Arce (traducido). 1878