Saltar navegación

Xentilicios

Definición

Son adxectivos derivados de nomes propios xeográficos. Fórmanse engadindo un sufixo a un elemento base.

A formación dos xentilicios

Sufixo

Significado

Exemplo

-eiro, -eira

xentilicio

Betanceiro/eira

-eta

xentilicio

Lisboeta

-ego/-ega

xentilicio

galegos

-ense

xentilicio

Ribadaviense

-és/-esa

xentilicio

Coruñés/a

-ón/-oa

xentilicio

Gascón/oa

-ino

xentilicio

Salamantino/ina

-án, á

xentilicio

Arteixán/á

-ano, -ana

xentilicio

Sevillano/a

Exercicio 1

Escribe os xentilicios das seguintes poboacións (masculino e feminino):

Quiroga: / ; Rianxo: / ; Ferrol: / ; Fisterra: / ; Mondoñedo: .

  

Exercicio 2

Observa: a "muradana" é unha peza de vestir feminina que consiste nun mandil de pano negro cunha franxa de veludo negra broslada con abelorios.

Responde: como é o xentilico feminino dunha habitante de Muros?