Saltar navegación

O xénero do substantivo

1- A categoría de xénero

A oposición de xénero nos substantivos pode servir:

   Para distinguir seres polo sexo: o rapaz/ a rapaza.

   Para diferenciar seres pola forma (o pozo/a poza) ou polo tamaño (o cesto/ a cesta). Neste caso o feminino adoita designar o obxecto de maior tamaño (o sacho/a sacha).

   Para diferenciar o individual do colectivo (o gran/ a gra; o froito/ a froita)

1-a-O xénero nos seres sexuados

Observa o comportamento da categoría de xénero nos seres sexuados:

Pode coincidir co sexo: o home, a muller; o can, a cadela.

En ocasións a forma masculina ou a feminina engloban os dous sexos: os gatos;  as galiñas. Cando os substantivos se refiren a seres humanos podemos utilizar o nome colectivo: as persoas, ou deixar clara a distinción: os alumnos e as alumnas.

O substantivo pode manter o xénero e a forma invariábel (a testemuña, a fantasma) ou manter invariábel a forma con flexión de xénero (o/a trapecista).

O feminino de certos cargos pode indicar ademais consorte do masculino: alcaldesa (cargo político ou muller do alcalde), tamén baronesa, marquesa...

Os substantivos epicenos que designan animais teñen unha soa forma para o feminino e o masculino: o sapo macho/femia

Fíxate

Os substantivos epicenos designan de igual modo o macho e a femia dunha especie: ra, sapo, tartaruga...

 

2- Procedementos de formación do feminino

1- Nos substantivos heterónimos o masculino e o feminino teñen palabras diferentes: o boi/ a vaca; a ovella/ o carneiro.

2- Algúns substantivos forman o feminino por medio do sufixo derivativo que se lle engade ao masculino:

galo/ galiña

abade/ abadesa

actor/actriz

3- A formación do feminino

Masculino

Feminino

Exemplos

 

 

palabras rematadas en -o,-e átonos

substitúeno por -a

Amo, ama,

elefante, elefanta

 

Vogal tónica

Engaden –a

Avó,avoa

 

Consoante distinta de –n

Engaden –a

Rapaz, rapaza

 

-n-ín

- ón

 

- án

 

 

 

 

 

Engaden –a

-oa,-ona

 

 

 

Engaden -a

Espadachín-espadachina

Bufón-bufona

-palabras populares: irmán-irmá.

- xentilicios galegos: arousán arousá.

-aumentativos: ona: bocalán, bocalona.

Observa:

Acomódanse ao esquema irmán (masculino) / irmá (feminino) as seguintes palabras: afgán, alazán, alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.

Admítense as variantes locais ao / e –án / -án nos xentilicios correspondentes (burelao / burelá, muradán / muradá...).

A terminación –án / -ana fica así reservada para caracterizadores pexorativos (bocalán...).

O esquema –ón / -ona fica reservado para formacións aumentativas (homón, mullerona...) e para deverbais pexorativos (abusón, abusona...). Nos demais casos, -ón / -oa (anfitrión / anfitrioa, león / leoa...).

Observa

Son masculinos

Son femininos

Nomes rematados en –o:

o edificio (agás a radio, a moto).

A maioría dos rematados en – ote, -ume, -ao, -oi, -l, -s, -n: o morote, o cardume, o pau, o bocoi, o mel, o lapis, o con; (agás a acedume, a servidume e a mansedume).

Os nomes de letras, números, ríos, cabos, montes, mares, océanos: o efe, o catro, o Atlántico.

Nomes como: o bechamel, o cárcere, o couce, o cuspe, o fel, o leite, o lume, o mar, o nariz, o paradoxo, o sal, o sinal, o sangue, o teitume, o til, o ubre, o xiz.

Nomes rematados en –a (agás o mapa, o Papa, o profeta).

A maioría das rematadas en –axe, -ite, -á, -ei, -z, -ción: a vasalaxe, a amigdalite, a campá, a lei, a candidez, a vacinación.

Agás o traxe, o paxe, o garaxe.

A maioría das rematadas en -se (a hipnose)e -or (a dor). Agás o éxtase, o labor, o humor.

A maioría dos nomes de froitas e de árbores froiteiras: a figueira, a cerdeira. (o limoeiro)

Nomes como: a ábsida, a análise, a azouta, a calor, a cor, a cute, a dor, a eclipse, a fin, a marxe, a orde, a orixe, a pantasma, a paréntese, a ponte, a pube, a sedela, a síncope, a suor.