Saltar navegación

Exercicios

Explicativo-especificativo

Clasifica os adxectivos do seguinte texto en explicativos e especificativos:

Romeo: Mais ¡silencio!, ¿que resplandor se abre paso a través daquela fiestra? ¡É o Oriente, e Xulieta o sol! Xurde, esplendente sol, e mata a envexosa lúa, lánguida e pálida de sentimento porque ti, a súa doncela, avantaxáchela en fermosura! ¡non a sirvas, que é envexosa! O seu tocado de vestal é enfermizo e amarelento, e se non son bufóns os que o usan. ¡Desbótao! ¡é a miña dona! ¡Oh, é o meu amor! ¡Oh, se ela soubese!...

Romeo e Xulieta, II, 2, 1594-1597.



Exercicio graos adxectivo



Grao

Positivo

Grao superlativo

Absoluto

Sintético (érrimo ou ísimo)

mísero

ruín

acre

célebre

feo

alto

fiel

rico

antigo

vello

sabio

lento

  

Responde:

“Moi sabio”, “superlento”, “lento lento”, etc., son superlativos sintéticos ou analíticos? .

  

Superlativos relativos

Completa estas oracións cos superlativos relativos:

Xoel era o / ruín de todos.

Xoel era o / célebre de todos.

  

Exercicio comparativos

Completa os seguintes comparativos:

Igualdade: É mísero pensabamos.

Superioridade: É mísero pensas.

Inferioridade: É mísero pensei.

Igualdade: É ruín ti.

Superioridade: É ruín el.

Inferioridade: É ruín nós.

  

Superlativos sintéticos

Completa os seguintes superlativos:

Con –ísimo: antigo: , xeral: , fiel: , cru: , nobre: , sabio: , sacro: .

Con –érrimo: acre: , célebre: , libre: , mísero: , pobre: , salubre: .

  

Superlativo sintético

Indica o superlativo sintético culto de:

Grande: , pequeno: , bo: , malo: , alto: , baixo: .

  

Comparativo sintético

Indica as formas comparativas sintéticas cultas de:

Bo: , malo: , grande: (“máis grande” ou “máis vello”) ou (“máis grande, de maior tamaño”).

  

Frases con superlativos

Indica os superlativos sintéticos das palabras que figuran en negriña:

Turrón de calidade alta .

O nível de inglés é  baixo .

É o momento bo para dicirllo .

Os resultados dos exames son malos .

A talla pequena non me serve.

O camión debe ter a altura grande .

  

Frases con superlativos cultos

Indica os superlativos cultos das palabras que figuran en negriña:

Son firme (acre) seguidor do Deportivo

Por fin, demos a benvida ao archicoñecido, requetecoñecido, e célebre doutor Frankestein.

Non me esperaba estes pobres resultados académicos de ti.

Non deu nin un mísero euro de donativo.

  

Exercicio

Sinala os adxectivos do seguinte texto (copia o texto nun documento, subliña ou pon en negriña os adxectivos e despois comproba a resposta):

O pan e o viño dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humano do chan galego, non separados, senón penetrándose e dividíndose en complicadas figuras. Para nós o pan é o centeo , e o viño, o da cepa vella , de cepa torta, coma osatura dun patriarca. En Ourense inda miramos as “americanas” como un fato de damiselas neuróticas, víctimas do surmenage e necesitadas de todas as drogas para botar o viño. O centeo, cereal de inverno, pasa por tantas calamidades como o paisano que o procura. Aguanta xiadas, neves, chuvias, nace entre il, se chove moito, un lameiro de xaramagos, senradelas e gramas; cando está vizoso e alto, tremando co vento en ondas conmovidas, o paisano, sempre pesimista, di: “pasa moitas noites fora”. Recólleo con cariño especial, porque é o recurso da facenda doméstica, xa polo gran que se garda na arca tradicional coma pola palla que serve para tapar a chouza, anoar o fachico e facer o leito para a paridura da porca. O paisano tenlle máis lei ao centeo que ao millo.

Antes vivía de pan, castañas e viño. As castañas e o pan caracterizan os altos chans graníticos, abertos, de inverno duro, onde o cuco chega máis tarde, e a vida só vai ben na horta do cura ou nos abrigos do pazo. O millo simboliza a alianza atlántica. Petulante, guapo, co seu pompón dominador e a sua exaltación sexual, contrasta coa castidade e modestia do centeo. É o presente das Américas ás terras húmidas de Europa: o seu ouro parente daquil lendario asolagado nas augas de Vigo. O labrego do pan e do viño son moi diferentes; a agricultura das cepas require unha coñecencia fonda das leis atmosféricas, un enxeño e unha técnica oportunistas: ao contrario do cultivo do centeo, máis suxeito a leis invariables.

 

(R. Otero Pedrayo, 1947 [La Noche, 23-XII-1947])