Saltar navegación

O número

1- O número dos substantivos

A maioría dos substantivos ten flexión de número cos morfemas -s, -es, -is (ríos, túneles, papeis). Os sincréticos distínguense polo artigo (o oasis/ os oasis), igual que os rematados en -ps, -ns, -x (o bíceps/ os bíceps).

Tamén hai substantivos sen flexión que se empregan sempre ou ben en singular (o cénit, o mofo, o norte) ou ben en plural (os cartos, as cóxegas, as olleiras, os parabéns).

Observa

Habitualmente, os substantivos teñen o mesmo significado en singular e en plural (a cereixa, as cereixas); mais non sempre é así. Observa algúns valores semánticos asociados ao número dos substantivos:

Substantivos como amor teñen un significado diferente en singular e en plural (o amor=abstracto; os amores= concreto).

     -Sariña, que tal andas de amores?

     -O amor é algo moi complexo. Aínda non o atopei, mais non perdo a esperanza.

Miró, Picasso refírese en singular aos autores e en plural (Mirós, Picassos..) ás súas obras.

     - Picasso pintaba até nas servilletas.

     -Daquela, as asinadas por el tamén se consideran Picassos?

O miolo e os miolos non teñen sempre o mesmo referente.

    - Prefiro o bolo de pan porque ten máis miolo cá bola.

    - Sabes que ao cranio tamén se lle chama tampa dos miolos?

 

A formación do plural

A flexión de número nos substantivos:

Palabras simples

Singular

Plural

Exemplos

rematados en

-vogal, -n, ou ditongo

Engaden –s

Rubí, rubís

-r,-z

Engaden –es

Radar, radares

-s, agudas

....................................

graves

esdrúxulas

 

Engaden –es (excepto grupo consonántico)

 

Invariables

Siamés,siameses, pero o luns, os luns

...................

O lapis, os lapis; o mércores, os mércores

OLLO! O fax, os fax (ks)

-l monosílabos

Polisílabos non agudos

Polisílabos agudos

Engaden –es

 

Perden o –l e engaden –is

Sol,soles

Túnel, túneles

Fiel, fieis

Caracol- caracois

Outras consoantes

Engaden -s

Club, clubs

 

Palabras compostas

Os dous elementos separados

Plural nos dous

Garda civil, gardas civís

 

 

Soldados ou con guión

 

Plural no segundo elemento

Vagalume, vagalumes

Galego-falante, galego-falantes

Unidos por unha prep.

Plural no primeiro elemento

Arco da vella, arcos da vella