O substantivo (definición e clasificación)
Definición
Clase de palabras que designan seres ou entidades concretas ou abstractas. Están formados por un lexema e por morfemas gramaticais de xénero e número. Exercen a función de núcleo dentro do sintagma nominal.
As rapazas
As rapazas chegaron antes da praia
S.N.
Clasificación: os substantivos propios
Sinalan un determinado ser entre os demais da súa clase:
Topónimos: nomes de lugar (Aceveda, Alberguería).
Antropónimos: nomes das persoas (Bernal, Sara).
Patronímicos: apelidos (Ramírez, Canedo).
Hidrónimos: nomes de ríos, fontes, etc. (Sil, Fonte das abelairas).
Os nomes propios e os apelidos agrúpanse baixo a denominación de ANTROPÓNIMOS (gr. Antropos= home + lat. nomine: nome). Tanto os nomes das persoas, estudados pola Antroponimia, coma os de lugar, dos que se ocupa a Toponimia, son obxecto de estudo da Onomástica.
Clasificación: substantivos comúns
Designan xenericamente a todos os seres dunha especie e tamén unha abstracción.
Por orixe: Primitivos: (non conteñen ningún morfema derivativo): mesa, casa, can, sal, cero, pan, luz...
Derivados (conteñen morfemas derivativos: aumentativos, despectivos, formadores de xentilicios): librazo, canciño, casoupa, coruñés, arteixán, panadeiro…
Por composición: Simples (formados por un só lexema): boca, xustiza, amor, guerra, pan...
Compostos: beirarrúa, fincapé, Saavedra, Pontevedra, preamar, lavalouzas, tiraliñas…
Por significado: Abstractos (designan calidades dos seres, accións ou estados que só existen no pensamento): paz, idea, amor, soño, liberdade...
Concretos (designan seres que teñen unha existencia real e son perceptibles polos sentidos): sabugueiro, piano, rapaz, libro, lapis…
Non contábeis: (de materia, non se poden contar, pero si medir ou pesar): sal, fariña, auga, aceite…
Contábeis: individuais (refírense en singular a un só obxecto): lapis, gravata, mesa, coche…
Colectivos (designan en singular un conxunto de entidades ou individuos da mesma especie): rabaño, batallón, enxamio, equipo, cardume…