Saltar navegación

O demostrativo

Formas

Este, esta, estes, estas

Ese, esa, eses, esas

Aquel, aquela, aqueles, aquelas

Iso, aquilo/aquelo.

Definición

Os demostrativos sinalan as persoas ou cousas designadas polo nome, situándoas no espazo (Esa billa perde auga) ou no tempo (Aquel serán chovía). Teñen, polo tanto, un valor deíctico.

Estas galanas tróuxenas eu.

Función

Morfoloxicamente concertan co substantivo en xénero e número (este cabaceiro/ estes cabaceiros; esa bolboreta/ esas bolboretas).

Sintacticamente, poden cumprir -dentro do grupo nominal- as seguintes funcións:

actualizador, ao iren diante do substantivo e seren determinantes (este balón); modificador, cando van detrás do substantivo (o rapaz ese ) e núcleo, cando son pronomes, pois non acompañan ao substantivo (este é un bo lugar).

Observa:

Os demostrativos poden converterse en pronomes:

As formas masculinas e femininas, cando non acompañan o substantivo, pasan a actuar como pronomes:Dáme esa.

Os demostrativos neutros sempre son pronomes: Iso é teu.

No texto, os demostrativos poden ter valor anafórico e catafórico. Procura o significado destas palabras por medio dos seguintes exemplos:

O experimento fracasou. Isto foi debido a un problema coa humidade ambiental.

Chegou tarde ó exame; a xustificación que deu foi esta: houbo unha avaría no ascensor.

Contraccións

Completa e repasa as contraccións do demostrativo:

Completa as contraccións dos demostrativos coas preposicións de e en: De+ este: deste/a, de+ ese: /a, de+aquel: /a.

En + este: /a, en + ese: /a, en + aquel: /a e os seus plurais.

Neutros: de+ isto: , de + iso: , de + aquelo: / . En + isto: en + iso: , en + aquilo: .

Efectúa as contraccións dos demostrativos co indefinido outro:

Este+outro: Este+outros: - Esta+outra: - Esta+outras: -

Ese+outro: Ese+outros: Esa+outra: - Esa+outras: -

Aquel+outro: Aquel+outros: Aquela+outra: - Aquela+outras:

Observa e deduce: Iso/isto+ outro: que che digo é moi importante

Á súa vez, estas formas contraen coas preposicións de, en, orixinando destoutro/a, desoutro/a, daqueloutro/a, nestoutro/a, nesoutro/a, naqueloutro/a, e os seus plurais.

  

Posición do demostrativo

Os demostrativos adoitan ir colocados diante do substantivo ao que acompañan, actuando como determinantes (neste caso non admiten a presenza de artigo): Este home. Nesta posición admite a intercalación de adxectivos cualificativos: Aquel nefasto comportamento merecía unha sanción.

Por razóns de expresividade ou énfase tamén poden ir pospostas (neste caso admiten o artigo, que aparece na posición que lle corresponde): O rapaz ese é demasiado ousado.