Saltar navegación

¿Artigo ou pronome?

Exercicio 1

Identifica os elementos en negriña:

U-lo diñeiro para o molete de pan?:

Ulo?:

  

Exercicio 2

¿Confundes artigo con pronome? Compróbao clasificando os deste texto.

Suxerencia: podes copiar o texto noutro documento, poñer en negro os artigos e subliñar os pronomes; tamén os podes diferenciar por cores: verde, vermello...

Carafio co enciño!

 

Manecho era un «americano» que botara nas Américas e mais nas viaxes polo menos dez meses e xa levaba na casa dende que voltara seica dous ou tres, por eso seguía sen botar unha man ao traballo.

Un día que o pai escollía na louza na eira, Manecho, cabo del, recollido no alpendre para que non lle tomara o sol, movía unha ferramenta coa punta do pé e preguntoulle ao vello:

Mi padre! Diga vosté, mi padre, como llamas vos por acá a esta herramienta?

O pai mirou para el e non deu fala.

Es que vos no me oís, padre?—insistiu el.

Oín, home, oín! E logo e que ti non o sabes? Esqueceuche?

Manecho nun descuido, fixo máis forza co pé, e o mango da ferramente foille bater nos fuciños.

Carafio co enciño!—dixo.

Ai, recorcio! Logo lembráchelo de contado!—dixo o vello.

E disque dende aquela nunca máis Manecho voltou esquecer cousa da súa terra.

 

Maruxa Barrio; Enrique Harquindey: Contos populares, Galaxia, Vigo, 1988.