Saltar navegación

Preposición

As preposicións

As preposicións son morfemas independentes invariables.

Pola súa forma poden ser: preposicións simples e locucións preposicionais.

Preposicións simples

As preposicións simples máis usuais son:

A, agás, ante, até, baixo, cabo, canda, cara a, con, contra, de, deica, desde, en, entre, malia, para, perante, por, segundo, sen, so, sobre, tras.

Ocasionalmente, outras formas poden funcionar como preposicións:

Conforme, consonte, diante, durante, excepto, fóra, mediante, menos, onda, salvo, senón, tirante.

Función

Funcionan de NEXO de subordinación entre o antecedente e o seu complemento.

Serven para marcar a función sintáctica dalgúns constituíntes da frase (Mod. da FN: o libro de Antía) ou da oración ( ¡tira con todo!: C. Prep.).

Perde o seu valor sintáctico propio ao integrarse noutras formas gramaticais complexas (ex. por mor de, houben de...)

Valores semánticos

Espacial: locativo (no cine), direccional (para o cine), posición inferior (baixo o moble), aproximación (preto do cine).

Temporal: situación (ás dez), simultaneidade (canda ti), duración (durante a función).

Modal: modo (entrar de gatas), exclusión (agás un), privación (sen diñeiro), substitución (gato por lebre), adición (ademais de nós), oposición (contra el), reciprocidade (entre eles), compañía (con todos), finalidade (para vós),inferioridade (baixo o mandato), posesión (de María).

Causal: (por iso)

Instrumental: (coa man)

Material: (de papel)

Locucións preposicionais

Aproximación: acerca de, canto a, a respecto de, verbo de...

Causal: co gallo de, co adaxo de, por causa de, por mor de...

Causal enfático: a forza de, a poder de...

Dirección: cara a...

Exclusión: bardante de, fóra de...

Finalidade: a prol de, a favor de...

Oposición: en fronte de, fronte de...

Proximidade: á beira de, a carón de, a rentes de, á par de, xunta de...

Superioridade espacial: encol de...

Substitución: en troques de, en lugar de...