Saltar navegación

Exclamativos

Os exclamativos empréganse con valor principalmente admirativo, aínda que poden expresar outros matices.

Ademais das formas que veremos a continuación, outras formas de expresar a exclamación son a través da forma vaia, da expresión mira que, etc:

Vaia parvada! ¡Mira que levar de merenda á vendima uvas!

Formas e usos

Que

Pode funcionar como interrogativo ou exclamativo. Como exclamativo existe a expresión «que de", para ponderar o número ou cantidade de algo: Que de xente !

Quen

Úsase como interrogativo ou exclamativo. Leva sempre o verbo en singular (agás o verbo ser):¿Quen é o que anda aí?/ ¿Quen son os que andan aí? Pero ¿Quen ten a chave? Emprégase moito en exclamacións desiderativas:¡Quen me dera ser sabio!

Formas e usos

Cal   

Úsase sobre todo como interrogativo.

Como,

Canto

Interrogativos ou exclamativos. O seu valor está próximo ao adverbial.

Cando,

onde

Úsanse só como interrogativos. Valor próximo ao dos adverbios.

U

Interrogativo. Equivale a onde. Debe ir seguido do pronome persoal ou da segunda forma do artigo:¿U-la chave? / A chave, ¿ula?