Interrogativos e exclamativos
Os interrogativos
As formas
interrogativas son as mesmas cás dos relativos e constitúen o eixe das oracións
interrogativas.
Os signos de
admiración e interrogación só son obrigatorios ao final do enunciado.
Formas e usos:
Cal |
Úsase sobre todo como
interrogativo. |
Como,
Canto |
Interrogativos ou
exclamativos. O seu valor está próximo ao adverbial. |
Cando,
onde |
Úsanse só como
interrogativos. Valor próximo ao dos adverbios. |
U |
Interrogativo.
Equivale a onde. Debe ir seguido do pronome persoal ou da segunda
forma do artigo:¿U-la chave? / A chave, ¿ula? |
Tipos de interrogativas
INTERROGATIVAS DIRECTAS:
As
interrogativas parciais preguntan por unha circunstancia (lugar, tempo, modo,
causa). Normalmente a pregunta recae na primeira palabra (interrogación
relativa): ¿cando queres vir?
As
interrogativas absolutas esperan como resposta si ou non.
INTERROGATIVAS INDIRECTAS:
A pregunta pode facerse tamén en estilo indirecto. As preguntas xerais pasan a depender do verbo por medio de “se”: “Quero saber se ves”.
Nas preguntas parciais, o propio adverbio ou o pronome interrogativo serve de elemento de relación: Pregunto cómo foi.
Partículas que reforzan o interrogativo:
A copulativa “e”,
ten carácter enfático, reclamando a atención. “E traes o que che pedín?
¿E
logo?, ao principio da oración ten o mesmo valor cá
copulativa “e”. “¿E logo? Non está boa a
sopa?
Ao final da oración denota sorpresa ou admiración.
Non
fuches adestrar co equipo? ¿e logo?
El é
un pronome pleonástico, de reforzo. “El,
pódenme dicir por onde se vai á estación de tren?
¿Non
si?
Cando se coloca ó final dunha oración é porque se espera unha resposta
afirmativa. “Cando veñas xa traes ti o
pan, non si?
Outras formas interrogativas:
A forma verdade existe no sistema lingüístico galego como substantivo, pero non é normal que apareza ó final dunha interrogación para marcar que estamos certos do que nos van responder. Para eses casos o galego ten outros recursos:
¿Pasáchelo ben, non si?
Como dicía Sarmiento, a aplicación da pena de morte resulta “bárbara, inútil e contraproducente”. ¿Non é, María?
¿Va que non sabes canto me custou?
¿Non fixeches os deberes? –Fixen tal
Ai Ánxel, ¿seica estás a seca-las castañas? -Estou.