Saltar navegación

Conxunción

A conxunción

A conxunción é unha clase de palabra que serve para enlazar dúas palabras ou dúas oracións entre si.

As máis frecuentes son: e, ou, mais, nin, pero, que, porque…

Tipos de conxuncións

Copulativa: e, mais, e mais, nin, a mais.

Adversativa: pero, mais, non obstante, con todo, así a todo, ora ben, só que, sacado que, senón, agás que, porén, fóra de que, bardantes que…

Distributivas e disxuntivas: ou, ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa.

Causal: porque, que, como, pois, pois que, xa que, posto que, dado que, visto que, por mor de que, por causa de…

Consecutiva: así que, de modo que, de maneira que, polo tanto, con que, daquela, de aí que, de forma que, de xeito que, entón, xa que logo, logo…

Final: a fin de que, para que, que, en favor de que...

Concesiva : aínda que, inda que, malia que, pese a que, a pesar de que, así, mesmo que, nin que, por máis que, por moito que.

Condicional: se, con que, con tal que, caso de que...

Locativas (lugar): onde, onde queira que.

Temporal: cando, antes de que, asemade, ata que, axiña que cada vez que, desde que, despois de que, inda ben que, logo, mentres, mentres tanto, namentres, non ben, sempre que... 

Modal: como, como se, como queira que, conforme, consonte, segundo, sen que, tal e como...

Comparativa: ca, que, coma, como.

Completivas (substantivas): que, se.

Observa:

A conxunción concesiva "malia":

Malia equivale a “a pesar de”, “non obstante”: Malia non rematarmos os exercicios, deixounos marchar.

Malia que equivale a “por moito que”, “aínda que”: É máis afortunado ca ti, malia que che pese.

 

Asemade:

"Asemade" como conxunción equivale a "en canto, tan pronto como"; mais como adxectivo significa "simultaneamente").