Saltar navegación

Adverbio

Clase de palabra de forma invariable, que modifica un verbo, un adxectivo, outro adverbio e mesmo unha oración enteira, expresando algunha circunstancia de lugar, tempo, modo, cantidade, precisión, afirmación, negación ou dúbida.

Segundo o seu significado...

hai adverbios de lugar, modo, tempo, cantidade, negación, afirmación, dúbida...

Segundo a súa forma, poden ser:

Simples: hoxe, cedo, aquén, alén…

Compostos: formados por un adxectivo +sufixo mente: doadamente.

Locucións: constan de varias palabras que funcionan como un só adverbio: ao chou, pouco a pouco, alén de…

Observa: 

             Aquén: da parte de acá, para este lado (aquén mar)

             Alén: mais alá, do outro lado.

             Alén de: máis alá de, á parte de.

          

Adverbios que expresan lugar:

Absolutos: aquí, acó, alá/ aí/ alí, aló, alá/ acolá.

Relativos: dentro/ fóra, cerca-preto/lonxe, derredor-arredor, arriba-enriba-derriba-encima/abaixo-debaixo-embaixo, adiante-diante-dediante/atrás-detrás, entremedias.

Presentativos: velaquí, velaí, eis (velaí, aí está).

Interrogativos: onde, u. O adverbio "u" procede do adverbio latino UBI (ubi sunt?) e tamén se conserva no francés, escrito "où".

Indefinidos: algures, ningures, xalundes (calquera outro sitio, outro lugar).

Locucións adverbiais: por riba, por enriba, por cima, por baixo, de dentro, de fóra, a carón, a rente(s), ó pé, ó lado, ó redor, de fronte, encol de, a desmán, a contramán.

Adverbios que expresan tempo:

Absolutos:

 

-

0

+

ano

antano

hogano

 

día

Trasantonte, antonte, onte

hoxe

Mañá, pasadomañá

II

Antes, outrora (antano)

Agora, arestora

Despois, outrora

Relativos: aínda, xa, mentres, cedo, tarde .

Interrogativos: cando, namentres, entrementres, antes, entón, daquela, axiña, logo.

Indefinidos: sempre, decote, nunca e xacando (noutro tempo, naquel tempo).

Locucións: antes de antonte, hoxe en día, de seguida, de contado, de camiño, a tempo, ás veces, por veces, ós poucos, a diario, no intre…

Adverbios que expresan modo:

Así, ben, mellor, como, gratis, mal, peor, paseniño, engorde (con coidado e precaución, pouco a pouco).

Formados a partir de adxectivos: (falar) alto, baixo, claro, doado, seguido…

Derivación por medio do sufixo –mente: fácil- facilmente, doado-doadamente, etc.

Locucións: a modo, ó xeito, ao dereito, de vagar-con vagar, de balde (gratis), en balde (inutilmente)

ás presas, a escape, a correr, a fume de carozo, ás carreiras,

de sotaque, de socato, de súpeto, de repente, de golpe,

a eito (1. a feito, sen escoller, seguido; 2. de xeito continuado e en cantidade), a feito/ de a feito (a eito, todo seguido, por completo),

ó chou, ás toas, de balde, do revés, etc.

Adverbios que expresan cantidade:

Abondo, bastante, ben, canto, case-casemente, logo, máis, malamente, medio, menos, mesmo-mesmamente, moito-moi, pouco, só-soamente-talmente, tanto-tan, todo, xusto.

Locucións: de menos, de máis, de sobra, de todo, a medias, de abondo.

Negación, afirmación, dúbida:

Negación:

Non, tampouco. ¡Ca!: exclamación negativa como resposta.

Dúbida:

Quizás, quizais, quizabes, ó mellor, tal vez, se cadra, disque, seica.

Afirmación:

O adverbio afirmativo si existe no sistema lingüístico galego, pero emprégase en contextos moi restrinxidos. A resposta afirmativa normal en galego non é unha forma expresiva particular, senón todo un mecanismo, como a repetición verbal e adverbial:

  ¿Ten suficiente gasoil o coche?- Ten. 

¿Estudaches moito? –Estudei