Saltar navegación

Verbos regulares

A conxugación verbal e o VERBO REGULAR

  • Os verbos rematados en -cer e -cir (agás facer e dicir e mais os seus derivados) son regulares e conservan o fonema consonántico interdental: conduzo, conducín, traduzo.
  • Os verbos rematados en -uir tamén son regulares, e por iso conservan o -u: destruír, destrúo.
  • Ollo! O til diacrítico diferenza algunhas formas verbais.

Non esquezas...

Vén: presente de vir

vés: presente de vir

cómpre (é mester, é preciso)

fóra: adverbio de lugar

pór, poñer

é: presente de ser

dá: presente e imperativo de dar

dás: presente de dar

Ven: pres.de ver, imp.de vir

ves: presente de ver

compre, merque

fora: plusc. de ser e de ir

por: preposición

e: conxunción

da: contracción de+a

das: contracción de+as

Comproba os teus coñecementos

Conxuga a primeira persoa do verbo "asubiar" de cada tempo.

 

MODO INDICATIVO

PRESENTE

PRET. IMPERFEC.

(copretérito)

PRET. PERFECTO

(pretérito)

PRET. PLUSC.

(antepretérito)

FUTURO

FUTURO HIPOTÉTICO

(pospretérito)

Asubiar

 

 

 

MODO SUBXUNTIVO

PRESENTE

PRET. IMPERF.

FUTURO

MODO IMPERATIVO

INFINITIVO PERSOAL

XERUNDIO PARTICIPIO