Formas infinitas
Infinitivo invariábel (Xogar: xog-a-r-), Xerundio (xoga-ndo), Participio (xoga-do).
Estas formas non expresan modo nin tempo. Poden constituír o núcleo dunha frase verbal, sempre que este forme parte dun complexo oracional. Admiten suxeito e complementos.
|
aíz |
VT |
Sufixos, actualizadores léxicos |
Infinitivo invariábel |
Xog- |
-a- |
-r |
Xerundio |
Xog- |
-a- |
-ndo |
Participio |
Xog- |
-a- |
-do |
Infinitivo conxugado:
|
Raíz |
VT |
MMT |
MNP |
Infinitivo conxugado |
Xog- |
-a- |
-r- |
-mos (p4) |
O xerundio
Presenta a acción en proceso (aspecto imperfectual).
Cando a construción "a + inf." expresa a mesma idea có xerundio denomínase "infinitivo xerundial": O teu irmán estaba a xogar co teu monopatín= o teu irmán estaba xogando co teu monopatín.
Funciona como complemento circunstancial (Indo por ese atallo chegarás antes) e cos verbos de percepción (ver, oír, sentir) como predicativo (Sinto o rato rilando/a rilar no fallado).
O participio
Polas súas características morfolóxicas e comportamento sintáctico o participio atópase máis preto do adxectivo ca do verbo.
Refire unha acción rematada (aspecto perfectivo). Como adxectivo pode funcionar como modificador don nome (Rachoume a saia recén estreada), predicativo (Sentou cansado no banco do parque) ou núcleo verbal (Resoltos os asuntos, marchamos para Argasvellas).
Exercicio
Traduce ao galego o seguinte Decálogo:
Decálogo de El Calendario del Obrero, en 1909:
1- Intruirse y combatir la ignorancia. .
2- Acortar las horas de trabajo. .
3- Elevar los salarios. .
4- Tener independencia y odiar la vileza. .
5- Ser viril y destruir la tiranía. .
6- Establecer la fraternidad y despreciar el egoísmo. .
7- Conquistar derechos y abolir injusticias. .
8- Humanizar el trabajo. .
9- Llevar cariño y alegría al hogar. .
10- Fundar un mundo mejor. .