Exercicios perífrases modais
Exercicio 1
Indica se as seguintes perífrases modais son obrigativas (o) ou de probabilidade (p)
- Os nenos deben alimentarse correctamente:
- Os alumnos que non superen esta proba terán que repetila:
- Este home ha ter uns cincuenta anos:
- Hai que ser obediente:
- Todo estaba tan mal feito, que houbo que empezar de novo:
- Ha de haber dez anos que non nos vemos:
- Tes que facer máis deporte:
- Hai que erguerse antes:
- No teatro pode haber uns douscentos espectadores:
- ¿Quen chora? Debe de ser María:
Exercicio 2
Indica se as seguintes perífrases modais son hipotéticas (h), obrigativas (o) ou poden ser ambas (a):
-Pode ter diñeiro,
-Debe ter diñeiro,
-Ha ter diñeiro,
-Ten que ter diñeiro,
-Ha de ter diñeiro,
-Hai que traballar,
Exercicio 3
Fai oracións coas perífrases seguintes cunha resposta con valor de futuro e outra con valor de obriga, segundo o modelo:
- ¿Comera-las mazás?. Si, heinas comer/ Si, hai que as comer- si, hainas que comer./si, hai que comelas (haber+que+inf).
- ¿Farémolo antes do xoves?
- ¿Levaranlles un montón de libros?
- ¿Escribiraslle a teu irmán?
- ¿Irás traballar hoxe ó alpendre?
- ¿Chegaredes a tempo?
- ¿Chamarémolo pola tarde?
- ¿Empezará a festa ese día?