Saltar navegación

Exercicios sobre perífrases

Exercicio 1

Transforma estas frases introducindo a perífrase que mellor conveña:
-          Se teño sorte, este ano terei boas notas.

-          Tes mala cara, se cadra durmiches mal esta noite.

-          Estiven a piques de ir visitalo.

-          Segundo el facía os paquetes, ela envolvíaos con moito tento.

-          Esa cuestión xa a discutín co meu pai repetidamente.

-          Dende hai uns meses fálase moito da reforma educativa.

-          Dóeme a cabeza e teño febre, seguramente collín a gripe.

-          Non o espertes que estará canso.

-          Nunca cheguei a comprender a túa marcha.

-          Perderemos o tren se non apuramos.

-          Estivo a piques de chegar de primeiro á meta se non fora por ese empurrón.

-          Chama de novo por teléfono, dille algo.



Exercicio 2

Define o significado de cada unha das seguintes perífrases:
- Vouvos contar un conto de fadas.

- Moito leva cavado na leira.

- Non sei que fai falta para que se poña a traballar.

- De vello púxose a aprender a ler.

- ¡Tenche visto moitas películas de vaqueiros!

- Apura, que está para pechar.

- Esta tarde non dou acabado o traballo.