Saltar navegación

O pronome persoal átono

Formas de Complemento Directo

Singular

Plural

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

me

te

o/lo/no

a/la/na

nos

vos

os/los/nos

as/las/nas

Ollo!

- o/a/os/as son as máis empregadas.

- no/na/nos/nas úsanse despois dun verbo rematado en ditongo (Merqueino barato. Chamouno a nai).

- lo/la/los/las úsanse tras verbo rematado en –r ou –s, tralos pronomes átonos nos, vos e lles e tralo adverbio interrogativo –u (¿Ulo?).

Exercicio das formas de CD

Substitúe o CD polo pronome correspondente. Ten en conta a acentuación.

Exemplo: Aparcou o coche no garaxe: aparcou+o: aparcouno no garaxe.

Merquei un libro de Manuel Rivas:  Merquei de Manuel Rivas

Vou contar todo o que me dixeches Vou contar todo / Vou conta todo

Anxo cumpre sete anos Anxo cúmpre

Hai que rematar o traballo:  Hai que remata / Hai que rematar / Hai que rematar.

Déronlles os zapatos novos:  Déron
  

Formas de Complemento Indirecto

Singular

Plural

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

me

che

lle

nos

vos

lles

Lembra:

- Te, pronome de 2ª persoa de CD: onte vinte na rúa.

- Che, pronome de 2ª persoa de CI: tróuxenche un agasallo.

- Lle , pronome de 3ª persoa singular de CI (a el ou a ela): deille un bo consello.

- Lles, pronome de 3ª persoa plural e CI (a eles ou a elas): deilles un bo consello.

Formas reflexivas

Ocorren cando o pronome persoal representa a mesma persoa do suxeito (o suxeito e o pronome teñen o mesmo referente).

Pro. reflexivo

1ª p. sg

1ª p. pl.

2ª p. sg.

2ª p. pl.

3ª p. sg e pl.

Sen prep.

me

nos

te

vos

se

Con prep.

min comigo

nós

connosco

ti

contigo

vós

convosco

si

consigo

Contraccións

 


o

a

os

as

me

mo

ma

mos

mas

che

cho

cha

chos

chas

lle

llo

lla

llos

llas

nos

nolo

nola

nolos

nolas

vos

volo

vola

volos

volas

lles

llelo

llela

llelos

llelas

Exercicio

Identifica a función dos pronomes átonos resaltados presentes no texto (CD) ou (CI)

Como queres que te queira

e que che teña afección,

se outro paxariño voa

dentro do teu corazón.