Saltar navegación

O pronome persoal tónico

 

Singular

Plural


1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa

1ª persoa

2ª persoa

3ª persoa


Suxeito

Eu

Ti

El/ela

Nós

nosoutros

Vós

vosoutros

Eles/elas


Con prep.

Min

Ti

Si

Nós

Nosoutros

Vós

Vosoutros

Si


Prep.con

Comigo

Contigo

Consigo

Connosco

Convosco

Consigo


As formas de cortesía son vostede e vostedes. Nosoutros e vosoutros son plurais de exclusividade (Imos recoller todos a leña; nosoutros xuntámola e vosoutros cargádela no carro).

Na terceira persoa as formas si e consigo son sempre reflexivas.

Pronomes persoais tónicos

Desempeñan a función de suxeito:

Ti mais el sodes coma dúas pingas de auga.

Van tras preposición e tralas conxuncións comparativas:

Teño medo de vós. Xoel é tan rápido coma min.

Contraccións:


el

ela

eles

elas

de

del

dela

deles

delas

en

nel

nela

neles

nelas

Ollo!

Os pronomes tónicos de 1ª e 2ª persoa de plural deben levar til para diferenciarse dos átonos: Vós non vos erguedes a tempo.

Observa:

Connosco, convosco son as formas tradicionais, preferibles a con nós ou con vós. Mais se o pronome leva algún adxacente, as formas sintéticas non son posibles: viñeron convosco/ viñeron con vó-las dúas.

Exercicio: pronomes de exclusividade.

Introduce, cando sexa posíbel, os pronomes de exclusividade (faino mentalmente e despois comproba as respostas).

Nós non temos nada contra os mineiros de León, pero reivindicamos o noso.

Mentres vós cortades leña, nós facemos o xantar.

Non nos lembramos da data da revisión.

Arre demo! Vós non estades ben da cabeza.

Exercicio: pronome tónico coa preposición con

Completa como conveña:

Lévote (con+min) se te portas ben.

Miña nai sempre leva (con+ela) as medicinas.

  

Exercicio 1

Substitúe os pronomes en negriña polos pronomes tónicos correspondentes:
El e ela remataron o traballo:

 

Xoel e ti chegastes antes:
  

Exercicio 2

Enche os ocos coas contraccións oportunas:

¿Ves ese armario? (en) verás o teu bolso.

Podes preguntarlles aos teus amigos. (En) podes confiar.

  

Exercicio 3

Fíxate nos pronomes que faltan e acentúa os tónicos:

 

(vos) É que enfadádes por nada.

(nos) Cando vexamos de novo dánolos a .

(vos) Bernal é tan estudoso coma .

(vos) Isto é un agasallo para Xoán e estoutro é para

(nos, vos) somos os únicos que tomamos en serio.
  

Exercicio 4

É o mesmo dicir?

“Nós xa sabemos os resultados dos exames”

“Nosoutros xa sabemos os resultados dos exames”